Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
Inicio arrow Novas
Novas
O drama actual dos refuxiados en Timor PDF Imprimir Correo-e

O ciclo de conferencias "Cultura e Sociedade nun mundo global" continuará o próximo 3 de marzo, luns, no Ateneo Ferrolán ás 19:30 horas, coa conferencia de Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , antropólogo, doutorando da UDC e membro de ALGA.

Alberto falará sobre "O drama actual dos refuxiados en Timor. Unha realidade pouco coñecida".

A entrada é libre e gratuita.

 
Comunicacións para o próximo congreso da AAA PDF Imprimir Correo-e

O próximo congreso da AAA (American Anthropological Association) terá lugar entre o 19 e o 23 de novembro de 2008 en San Francisco. O tema do congreso é Inclusión, colaboración e compromiso.

Ata o día 1 de abril está aberto o prazo para presentar comunicaicións por correo electrónico.

Máis información en http://dev.aaanet.org/meetings/.

 
Os outros xéneros en Timor Leste PDF Imprimir Correo-e

O ciclo de conferencias "Cultura e Sociedade nun mundo global" continuará o próximo 25 de xaneiro, venres, na Facultade de Humanidades de Ferrol ás 18 horas, coa conferencia de Domingas da Costa Soares, da Universidade Nacional de Timor Leste e Delegada de ALGA neste país asiático. Domingas da Costa disertará sobre " Os outros xéneros: panleiru e bermanek. Homosexualidade masculina e femenina tradicionais na Cultura de Timor Leste".  A entrada é libre. Sinopse da conferencia: os panleiru e as bermanek constituén categorías que rachan coa dualidade de xénero en Timor. Son expresións de identidades sexuais socialmente aceitadas que funden as súas raíces na tradición cultural timorense, de xeito semellante ao que acontece noutras culturas asiáticas. A conferencia abordará as expresións tradicionais da homosexualidade en Timor e as súas implicacións no contexto do cambio social actual.

 
Cultura e Sociedade nun mundo global PDF Imprimir Correo-e

O pasado xoves 17 de xaneiro, tivo lugar no Ateneo Ferrolán de Ferrol unha conferencia a cargo de águeda Gómez Suárez, profesora da Universidade de Vigo e membro de ALGA, dentro do ciclo "Cultura e Sociedade nun mundo global" que ALGA ven desenvolvendo como parte da súa programación do curso 2007-08. A conferencia foi presentada por Rosario Alabau Albors, concelleira da Muller do Concello de Ferrol. A profesora águeda Gómez disertou sobre dúas sociedades cun sistema de xénero que algúns autores chegaron a calificar de sistemas matriarcais: os zapotecas de México e os bijagós de Guinea Bissau.  A conferenciante realizou unha análise de ambas sociedades, salientando aqueles aspectos que permiten soster a existencia de modelos de xénero igualitarios entre zapotecas e bijagós, continuando cunha análise do que se entende conceptualmente por "matriarcado" e por "sociedades igualitarias". Finalmente tivo lugar un extenso diálogo co público. A conferencia foi precedida da proxección de dous documentais realizados pola propia conferenciante entre zapotecas e bijagós.

 
I Simposio Antropoloxí­a PDF Imprimir Correo-e

Simposio

Antropoloxía e Cooperación ao Desenvolvemento 

(Facultade de Humanidades de Ferrol, 8-11 de abril do 2008)

Matrícula: a partir do 15 de febreiro (impresos dispoñibles na web a partir desa data). Solicitarase 2 créditos de libre configuración

Comunicacións: aberto o prazo de presentación  

Para obter máis información prema aquí ou ben solicitea no enderezo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
© 2010 anthroponet
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.