Benvidos a Anthroponet
O portal web da Antropoloxía creado pola
Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA)
Anthroponet.org é un espazo aberto a disposición da comunidade de antropólogos: profesores, profesionais e estudantes de Antropoloxía ou, simplemente, persoas interesadas na Antropoloxía Social e Cultural.
Anthroponet é un portal creado e financiado por ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada).
¿Por qué?
Anthroponet
nace da conciencia da necesidade de potenciar o carácter aplicado da
Antropoloxía, o seu compromiso coa realidade social e a defensa dos
espazos profesionais da disciplina. Anthroponet pretende ser unha aportación para crear sinerxias, contactos e cohesión na comunidade de antropólogos.
Obxectivos e fins de Anthroponet
- Dar a coñecer as actividades e liñas de investigación da comunidade científica de antropólogos.
- Ofrecer un portal para a difusión dos resultados de investigación.
- Servir de ferramenta de traballo para os investigadores.
- Servir de ferramenta de apoio á docencia da disciplina nos seus diferentes campos.
- Facilitar
o contacto entre investigadores con intereses complementarios e
impulsar a creación de redes múltiples baseadas en intereses comúns.
- Contribuir á defensa corporativa da Antropoloxía e da súa presencia nos diferentes campos profesionais.
- Crear foros de debate para impulsar a discusión en todos os niveis.
- Facilitar información sobre a organización de xornadas, simposios, congresos, encontros e outro tipo de eventos.
- Impulsar o desenvolvemento da Antropoloxía Aplicada e o diálogo interdisciplinar.
- Facilitar os enlaces a outros espacios antropolóxicos de interés.
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla
|