Teletipos

Certos contidos están noutras linguas. Preme na bandeira galego correspondente para cambiar de lingua.
Algunos contenidos están en otros idiomas. Pulsa en la bandera castellano correspondiente para cambiar de idioma.
 
Inicio arrow Actividades
Actividades PDF Imprimir Correo-e
Logo PARXE

Esta é unha selección das actividades levadas a cabo pola Comisión de Estudos de Xénero nos últimos anos. 

Inclúense neste apartado tanto as reunións científicas e estudos propios da Comisión, así como aqueles nos que colabora, asesora ou participa de maneira indirecta. 


INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS PROPIOS:

- 2008-09: PARXE.  PARXE é o acrónimo do proxecto Estudo da participación das mulleres en postos de responsabilidade e na toma de decisións na esfera pública e no asociacionismo do país. Avaliación da situación e perspectivas de cambio para a igualdade”. Foi desenvolvido por investigadoras da Comisión de Estudos Xénero de ALGA. O proxecto foi unha iniciativa de investigación aplicada de ALGA, con financiamento da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, dentro das áreas prioritarias da Secretaría Xeral de Igualdade “Poder e toma de decisións” e “Participación”, continuado ata o mes de abril de 2009 pola Comisión de Estudos de Xénero de ALGA con financiamento propio da entidade. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

- 2009-10: XELI. Na liña do estudo PARXE, as investigadoras da Comisión de Estudos de Xénero de ALGA desenvolveron o proxecto "Xénero e liderado na política municipal galega", finanzado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións en materias relacionadas coas mulleres. A fase inicial foi executada entre os meses de decembro de 2009 a outubro de 2010. Actualmente, as investigadoras desta comisión están levando a cabo unha segunda fase do proxecto con finanzamento propio da entidade.

INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE PARTICIPA:

- 2008-2011: AFGAL. ALGA é colaboradora oficial do proxecto de I+D+i con código 08SEC025167PR: “Análise aplicada da inmigración africana en Galicia. Avaliación e propostas para o deseño de políticas de intervención, integración e desenvolvemento". É executado por investigadores da UDC e ALGA con financiamento da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

- 2009: TODEDO. O proxecto TODEDO, “Análise dos procesos de toma de decisións no ámbito doméstico. Avaliación dos niveis de empoderamento das mulleres e Timor”, foi desenvolvido por investigadores de ALGA en parcería coa UNTL (Universidade Nacional de Timor Leste), co financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

- 2008: VIXE. O proxecto VIXE, “Análise da situación da violencia de xénero en Timor Leste”, foi desenvolvido por investigadoras de ALGA en parcería coa UNTL (Universidade Nacional de Timor Leste), con financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. O proxecto tiña por obxectivo facer unha prospectiva e identificación dos colectivos de mulleres especialmente afectadas pola violencia de xénero, identificando e analizando as causas,elaborando posteriormente un informe para mellorar as políticas de intervención do Goberno, organismos internacionais e ONG. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.


REUNIÓNS CIENTÍFICAS ORGANIZADAS POLA COMISIÓN DE ESTUDOS DE XÉNERO DE ALGA:

Data: 03 de maio de 2012.
Lugar: Centro Asociado da UNED da Coruña. Aula 3.2.
Organizado por: ALGA e Centro Asociado da UNED da Coruña.
Financiado por: Deputación da Coruña e ALGA.

Data: 29 de abril de 2011.
Lugar: Centro Asociado da UNED da Coruña
Organizado por: ALGA e Centro Asociado da UNED da Coruña.
Financiado por: Deputación da Coruña e ALGA.
 
Data: A Coruña, 13-14 de maio de 2009.
Lugar: A Coruña. Facultade de Socioloxía da UDC.
Organizado por: ALGA e UDC.
Financiado por: Servizos Sociais da Deputación da Coruña e Vicerreitoría de Investigación da UDC.
 
Data: 12 de maio de 2009.
Lugar: A Coruña. Facultade de Socioloxía da UDC.
Organizado por: ALGA
Financiado por: ALGA e UDC.
 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet