Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
Inicio arrow Marco de Acción
Fins PDF Imprimir Correo-e

 ALGA Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada

 

Logo Alga


Os nosos fins:

A Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada, ALGA, ten entre os seus fins concretos os que se relacionan de seguido, tal e como se establece no artigo 7º dos nosos Estatutos:

 - O estudo antropolóxico do ser humano no seu sentido máis amplo, acentuando a análise da variabilidade cultural e dando a máxima importancia ao coñecemento aplicado.


- O fomento e a promoción do coñecemento e da investigación científica, tecnolóxica e humanística dende outros campos diferentes á disciplina antropolóxica, sempre que iso supoña unha contribución de valor para alcanzar os fins expresados no apartado anterior e nos seguintes.

- Fomentar a colaboración e o intercambio de ideas e coñecementos entre os antropólogos e o resto de científicos sociais e humanistas comprometidos no ideal dun coñecemento científico e humanístico ao servizo do home. A Asociación busca crear pontes para o diálogo multidisciplinar ao redor dos problemas dos que se ocupa a Antropoloxía Aplicada.

- Buscar e promover vías para o fomento de accións de cooperación internacional ao desenvolvemento, fundamentalmente –aínda que non en exclusiva- a través de iniciativas relacionadas coa docencia e a investigación, implicándose a Asociación en tales accións.

- Colaborar cos axentes e entidades da cooperación internacional ao desenvolvemento, públicos e privados, naqueles aspectos nos que a Asociación poida realizar aportarcións de utilidade.

- Promover e organizar reunións científicas de carácter autonómico, nacional e internacional, destinadas á exposición e discusión dos avances e resultados da investigación científica, tanto teórica como práctica, no campo antropolóxico aplicado, abertas á multidisciplinariedade e á participación doutros especialistas que teñan liñas de traballo que garden relación cos obxectivos científicos das reunións.

- Promover publicacións científicas que dean a coñecer os logros da investigación antropolóxica aplicada e da investigación social aplicada nun sentido máis amplo.
- Contribuír a establecer e desenvolver o perfil e os campos de coñecemento propios da Antropoloxía Aplicada.

- Colaborar coa Administración e outras Institucións públicas e privadas en temas relativos ao ensino da disciplina, así como no desenvolvemento de iniciativas sociais nos que a Antropoloxía Aplicada poida aportar un coñecemento experto.

- Asistir, dentro das posibilidades e no marco dos fins da Asociación, a aquelas persoas, colectivos ou entidades que, sen seren socias, requiran o apoio, asesoramento e servizo da Asociación.

- Servir de rede de axuda e apoio para facilitar o encontro e o contacto entre as persoas (doutores, licenciados e estudantes) que compoñen a comunidade de antropólogos, ofrecéndolles mecanismos de axuda para facilitar a publicación e divulgación dos seus traballos, espazos de encontro para o debate, intercambio de ideas e coñecemento mutuo de uns cos outros, instrumentos para a colaboración recíproca e a busca de sinerxías, asesoramento, informacións, etc.

 

 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet