|
ALGA Consultoría
ALGA ofrece servizos como consulting nas áreas de organización de proxectos (identificación, formulación, deseño, execución e/ou avaliación), asistencia técnica para a resolución de problemas na implementación de proxectos ou de intervencións sociais, realización de estudos, cursos de formación, auditorías, etc.
En tanto que asociación sen ánimo de lucro, ALGA orzamenta as súas actividades como consultora en función dos custos, invertindo en proxectos científico-sociais os beneficios cando os ingresos superan os custos.
A actividade como consulting desenvolvese mediante comisións específicas de traballo formadas por especialistas escollidos segundo os obxectivos.
Actividade de consultoría no ano 2008
Participación como entidade consultora no SECTO , “Seminario Europeo para una agenda armonizada de Cooperación con Timor Oriental”, organizado pola UDC e financiado pola AECID.
|