Teletipos

Dentro de sección de Antropoloxía UDC atoparás información relevante a área de Antropoloxía da Universidade da Coruña
 
Inicio arrow Formación
Formación PDF Imprimir Correo-e

Formación

Anualmente ALGA organiza un Curso de formación e introducción á investigación práctica en Antropoloxía Social, dirixido especialmente a estudantes e licenciados que desexan introducirse no mundo da investigación.

O curso ten un enfoque pragmático, xa que se suliñan aqueles aspectos dos métodos e técnicas de investigación que estando presentes no terreo frecuentemente son esquecidos ou non abordados de xeito suficiente nas materias formativas de metodoloxía e técnicas.

Nos contidos curriculares do curso tamén son tratados outros aspectos prácticos como: identificación de problemas de investigación, formulación e deseño de proxectos, elaboración de memorias de investigación, etc.

I Seminario de iniciación aos métodos e técnicas de investigación de campo en Antropoloxía Social

Data e lugar: maio de 2008, A Coruña, edificio da UNED.
Duración: 15 horas (sesións de 3 horas).
Taxas: gratuito.
Límite: 25 prazas.
Destinatarios: público universitario en xeral.

II Seminario formativo de métodos e técnicas de investigación de campo en Antropoloxía Social

Data: por determinar. Celebrarase no 2º trimestre de 2009, en A Coruña no edificio da UNED.
Duración: 40 horas (20 teóricas e 20 prácticas)
Taxas: gratuito. Límite: 15 prazas.
Destinatarios: público universitario en xeral.
Contidos:

  • Identificación de problemas de investigación.
  • Identificación e formulación de proxectos.
  • Formulación de hipóteses.
  • Estratexias de operativización dos proxectos.
  • Técnicas cualitativas de investigación: aspectos prácticos e dificultades.
  • Técnicas cuantitativas de investigación: aspectos prácticos e dificultades.
  • Aspectos opacos da investigación. Resolución de problemas.
  • Elaboración de informes e memorias.

Outros cursos formativos

"Curso de lingua tetum”

Alén disto, ALGA organiza e desenvolve outro tipo de actividades formativas diversas. No 2008 organizouse o “Curso de lingua tetum” (Outubro 2007 a Maio de 2008, na Facultade de Humanidades de Ferrol), de 150 horas, dirixido a investigadores de campo de ALGA interesados en traballar en Timor Leste. O curso foi impartido pola profesora nativa Domingas da Costa Soares, da sección nacional de ALGA en Timor Leste.

Curso de Antropoloxía visual

ALGA está a preparar á organización dun curso de Antropoloxía visual dirixido a aquelas persoas que desexan adquirir un coñecemento experto para a utilización do vídeo como ferramenta da investigación de campo ou na produción de materiais documentais no marco do traballo de campo. O curso vai ter 2 módulos:

  • 1º Gravación, edición e montaxe.
  • 2º Produción de documentais.

O curso terá carácter práctico. Para o primeiro dos módulos ALGA está en conversas coa Escola de Imaxe da Coruña e o segundo dos módulos será impartido por un especialista de prestixio internacional no ámbito da Antropoloxía visual.

Os interesados poden dirixirse a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
© 2010 anthroponet
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.