DOCLULIK

DVD - Filme Documental: "Uma Lulik, Futuro da tradição"

CapaDVD

 Uma Lulik, Futuro da Tradição é un filme documental sobre as casas sagradas (uma lulik) de Timor-Leste.

Este proxecto, é unha continuación da liña de investigación e de difusión científica da revalorización do patrimonio cultural de Timor Leste que comezou coa exposición "As Uma Lulik de Ainaro" (EXPOLULIK) Novamente, a través desta iniciativa, ALGA colabora na difusión da cultura timorense, aplicando os coñecementos da realidade social e cultural timorense adquiridos polos seus investigadores dende o ano 2006.

Como entidade sen ánimo de lucro, ALGA non obten beneficios materiais pola explotación deste DVD.

Para obter máis información sobre o proxecto, así como visionar o filme, pode visitar a web: www.umalulik.com.