Editorial
Logo Alga
En xaneiro de 2008 foi fixado o proxecto editorial de ALGA como unha das iniciativas máis ambiciosas a desenvolver polos membros da Asociación. Un ano máis tarde, en xaneiro de 2009, ALGA materializou a idea asinando un convenio de duración indefinida coa editorial ALDINE para o desenvolvemento da actividade editorial de ALGA. A xestión da liña editorial de ALGA é asumida pola Comisión Editorial da nosa Asociación.

ALGA desenvolve esta actividade editorial xestionando, dirixindo e promovendo a Colección de Ciencias Sociais de ALDINE Editorial. ALGA conserva os dereitos editoriais, en tanto que ALDINE asume os traballos técnicos e de distribución. Na actualidade ALGA ten xa varias obras en prensa. No momento actual traballase no desenvolvemento da Colección de Ciencias Sociais nas seguintes series:

  • Serie Monografías
  • Serie Ensaios
  • Serie Manuais
  • Serie Congresos

A Comisión Editorial de ALGA traballa con estándares de calidade para a aceptación das propostas de publicacións. As propostas son avaliadas en primeiro lugar pola Comisión e, posteriormente, enviadas a membros dun comité de avaliación externo para ser sometidas a unha revisión de dobre pares, formados por especialistas alleos á ALGA e que avalían as propostas de maneira anónima.

Contacto para propostas de publicación:  Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver