Teletipos

Certos contidos están noutras linguas. Preme na bandeira galego correspondente para cambiar de lingua.
Algunos contenidos están en otros idiomas. Pulsa en la bandera castellano correspondiente para cambiar de idioma.
 
Inicio arrow Novas
Novas
Cultura e Sociedade nun mundo global PDF Imprimir Correo-e

O pasado xoves 17 de xaneiro de 2008, tivo lugar no Ateneo Ferrolán de Ferrol a conferencia a cargo de Águeda Gómez Suárez, profesora da Universidade de Vigo e membro de ALGA, dentro do ciclo "Cultura e Sociedade nun mundo Global" que ALGA ven desenvolvendo como parte da súa programación do curso 2007-08.

A conferencia foi presentada por Rosario Alabau Albors, concelleira da Muller do Concello de Ferrol.

A profesora Águeda Gómez disertou sobre dúas sociedades cun sistema de xénero que algúns autores chegaron a calificar de sistemas matriarcais: os zapotecas de México e os bijagós de Guinea Bissau. A conferenciante realizou unha análise de ambas sociedades, salientando aqueles aspectos que permiten soster a existencia de modelos de xénero igualitarios entre zapotecas e bijagós, continuando cunha análise do que se entende conceptualmente por "matriarcado" e por "sociedades igualitarias". 


Finalmente tivo lugar un extenso diálogo co público. A conferencia foi precedida da proxección de dous documentais realizados pola propia conferenciante entre zapotecas e bijagós.

 

 
I Simposio Antropoloxí­a PDF Imprimir Correo-e

Simposio 

Antropoloxía e Cooperación ao Desenvolvemento 

(Facultade de Humanidades de Ferrol, 8-11 de abril do 2008)


Matrícula: a partir do 15 de febreiro de 2008 (impresos dispoñibles na web a partir desa data)

Solicitaranse 2 créditos de libre configuración

Comunicacións: aberto o prazo de presentación  

Para obter máis información prema aquí ou ben solicitea no enderezo Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
Seminario de Debate "Muller e Poder" PDF Imprimir Correo-e
Image

Seminario de debate: "Muller e Poder"

O pasado 3 de maio de 2012, a Comisión de Estudos de Xénero de ALGA levouse a cabo o  Seminario de debate: "Muller e Poder: Reflexións sobre a carreira política feminina" na Aula 3.2 do edificio da UNED da Coruña. 

Este seminario é unhacontinuación das actividades e estudos levados a cabo pola Comisión de Estudos de Xénero de ALGA dende o ano 2007, e conta coas colaboracións do Centro Asociado da UNED da Coruña e dos Servizos Sociais da Deputación da Coruña.

Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí ou consultando o díptico da actividade.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 10 - 12 de 12
© 2005 – 2023 anthroponet