Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
PDF Imprimir Correo-e

Benvidos a Anthroponet

O portal web da Antropoloxía creado pola

Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA)


Anthroponet.org é un espazo aberto a disposición da comunidade de antropólogos:
profesores, profesionais e estudantes de Antropoloxía e para todas as persoas interesadas na Antropoloxía Social e Cultural.

Anthroponet é un portal creado e financiado por ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada).

 

¿Por qué?

Anthroponet nace da conciencia da necesidade de potenciar o carácter aplicado da Antropoloxía, o seu compromiso coa realidade social e a defensa dos espazos profesionais da disciplina.  Anthroponet pretende ser unha aportación para crear sinerxias, contactos e cohesión na comunidade de antropólogos.

 

Obxectivos e fins de Anthroponet

  • Dar a coñecer as actividades e liñas de investigación da comunidade científica de antropólogos.
  • Ofrecer un portal para a difusión dos resultados de investigación.
  • Servir de ferramenta de traballo para os investigadores.
  • Servir de ferramenta de apoio á docencia da disciplina nos seus diferentes campos.
  • Facilitar o contacto entre investigadores con intereses complementarios e impulsar a creación de redes múltiples baseadas en intereses comúns.
  • Contribuir á defensa corporativa da Antropoloxía e da súa presencia nos diferentes campos profesionais.
  • Crear foros de debate para impulsar a discusión en todos os niveis.
  • Facilitar información sobre a organización de xornadas, simposios, congresos, encontros e outro tipo de eventos.
  • Impulsar o desenvolvemento da Antropoloxía Aplicada e o diálogo interdisciplinar.
  • Facilitar os enlaces a outros espacios antropolóxicos de interés.

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
< Ant.
© 2005 – 2024 anthroponet