Teletipos

Certos contidos están noutras linguas. Preme na bandeira galego correspondente para cambiar de lingua.
Algunos contenidos están en otros idiomas. Pulsa en la bandera castellano correspondiente para cambiar de idioma.
 
Inicio arrow PARXE
XELI PDF Imprimir Correo-e
Logo PARXE

XELI é o acrónimo do proxecto “Xénero e liderado na política municipal galega: evolución e perspectivas de empoderamento”.

O proxecto XELI é desenvolvido por investigadoras de ALGA, membros da Comisión de Estudos Xénero. Este proxecto se leva a cabo coma unha continuación do estudo PARXE, iniciativa de investigación aplicada de ALGA, con financiamento da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, dentro das áreas prioritarias da Secretaría Xeral de Igualdade “Poder e toma de decisións” e “Participación”.

Este estudo foi levado a cabo entre decembro de 2009 e outubro de 2010, aínda que as investigadoras da Comisión de Estudos Xénero de ALGA seguen a afondar nesta temática. O obxectivo xeral do XELI consiste en analizar e avaliar os perfís e a caracterización das mulleres que desempeñan postos de responsabilidade nos concellos galegos, para estudar as condicións sociais específicas da súa participación na política, os obstáculos que enfrontan e as estratexias de empoderamento que formulan.

 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet