XELI é o acrónimo do proxecto “Xénero e liderado na política municipal galega: evolución e perspectivas de empoderamento”.
O proxecto XELI é desenvolvido por investigadoras de ALGA, membros da Comisión de Estudos Xénero. Este proxecto se leva a cabo coma unha continuación do estudo PARXE, iniciativa de investigación aplicada de ALGA, con financiamento da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, dentro das áreas prioritarias da Secretaría Xeral de Igualdade “Poder e toma de decisións” e “Participación”. Este estudo foi levado a cabo entre decembro de 2009 e outubro de 2010, aínda que as investigadoras da Comisión de Estudos Xénero de ALGA seguen a afondar nesta temática.
O obxectivo xeral do XELI consiste en analizar e avaliar os perfís e a caracterización das mulleres que desempeñan postos de responsabilidade nos concellos galegos, para estudar as condicións sociais específicas da súa participación na política, os obstáculos que enfrontan e as estratexias de empoderamento que formulan.
|