Inicio Comisión de Intercambio
|
Comisión para o Intercambio Cultural |
|
|
|
A Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA) é unha entidade que conta na actualidade con socios en diferentes países lusófonos. ALGA ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento de estudos sociais aplicados, xunto con accións de cooperación ao desenvolvemento de tipo científico e académico. Entre as moitas actividades de ALGA figura tamén entre os seus obxectivos a difusión da nosa Cultura xunto coa difusión da produción cultural dos países da lusofonía. Neste contexto foi creada a Comisión para o Intercambio Cultural (CIC).
O obxectivo da CIC é fomentar por unha banda a promoción exterior da nosa Cultura e, por outra, dar a coñecer a diversidade cultural do mundo lusófono. Nesta liña a Comisión para o Intercambio Cultural desenvolve a proxecto “Bolboreta”.
|
|