Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
Inicio arrow Marco de Acción
Investigacións e Estudos PDF Imprimir Correo-e

Investigacións e estudos científicos.

INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS PROPIOS DE ALGA:

- 2008-09: PARXE.  PARXE é o acrónimo do proxecto Estudo da participación das mulleres en postos de responsabilidade e na toma de decisións na esfera pública e no asociacionismo do país. Avaliación da situación e perspectivas de cambio para a igualdade”. Foi desenvolvido por investigadoras da Comisión de Estudos Xénero de ALGA. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

- 2009-10: XELI. Na liña do estudo PARXE, as investigadoras da Comisión de Estudos de Xénero de ALGA desenvolveron o proxecto "Xénero e liderado na política municipal galega", finanzado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións en materias relacionadas coas mulleres.


INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE ALGA PARTICIPA:

- 2009-10: Patrimonio Cultural de Timor Leste: As Umalulik de Ainaro . Este proxecto consiste na catalogación das casas Sagradas da relixión tradicional timorense e a súa calidade como patrimonio cultural, de cara á súa protección pola UNESCO como patrimonio cultural. A primeira fase do proxecto céntrase no distrito de Ainaro. Financiado polas Axencias Europeas de Cooperación en Timor Leste (España, Francia, Portugal, Unión Europea) e o Ministerio de Cultura de Timor Leste. Executado por ALGA e a Dirección Nacional de Cultura de Timor Leste. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. 

 

- 2008-2011: AFGAL.  ALGA é colaboradora oficial do proxecto de I+D+i con código 08SEC025167PR: “Análise aplicada da inmigración africana en Galicia. Avaliación e propostas para o deseño de políticas de intervención, integración e desenvolvemento". É executado por investigadores da UDC e ALGA con financiamento da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

- 2009: TODEDO. O proxecto TODEDO, “Análise dos procesos de toma de decisións no ámbito doméstico. Avaliación dos niveis de empoderamento das mulleres e Timor”, foi desenvolvido por investigadores de ALGA en parcería coa UNTL (Universidade Nacional de Timor Leste), co financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

- 2008: EDUT. O proxecto EDUT, “Avaliación e prospectiva da Educación en Timor Leste. Educación e desenvolvemento: desafíos, dificultades, oportunidades e propostas de estratexias de intervención”, foi desenvolvido por investigadores de ALGA en parcería coa UNTL (Universidade Nacional de Timor Leste), con financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.

- 2008: VIXE. O proxecto VIXE, “Análise da situación da violencia de xénero en Timor Leste”, foi desenvolvido por investigadoras de ALGA en parcería coa UNTL (Universidade Nacional de Timor Leste), con financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. O proxecto tiña por obxectivo facer unha prospectiva e identificación dos colectivos de mulleres especialmente afectadas pola violencia de xénero, identificando e analizando as causas,elaborando posteriormente un informe para mellorar as políticas de intervención do Goberno, organismos internacionais e ONG.Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.


PROXECTOS CULTURAIS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO DE ALGA: 

- 2009-10:  BOLBORETA.  Consiste na tradución ao tetun (lingua co-oficial de Timor Leste) da obra do escritor galego Manuel RivasA Lingua das bolboretas”. A edición é bilingüe (portugués e tetun) e incorpora as ilustracións feitas por Migelanxo Prado, coa finalidade de utilizar o texto como material curricular nas escolas de Timor-Leste. O “Proxecto Bolboreta” é unha iniciativa da Comisión para o Intercambio Cultural de ALGA, desenvolvida por investigadores da Universidade da Coruña (UDC) membros de ALGA, en colaboración co Instituto Nacional de Lingüística (INL) de Timor Leste e coa Universidade Nacional de Timor Lorosa’e (UNTL), con financiamento da Concellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, da Delegación da Unión Europea en Timor-Leste e de ALGA. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

 

PROXECTOS CULTURAIS ORGANIZADOS POR ALGA: 

- 2010:  EXPOLULIK. . A exposición Internacional “As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais en Timor Leste” é unha iniciativa de apoio á cultura timorense, co obxectivo de fomentar o respecto e a protección do seu Patrimonio cultural. Favorecendo deste xeito, a protección e preservación dos bens culturais timorenses e colaborando coas autoridades políticas e culturais para cando Timor Leste decida presentar algún elemento da súa cultura material ou inmaterial para o seu recoñecemento e protección como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Organizada e dirixida por membros de ALGA, en colaboración coa ONGD timorense Haburas Foundation e co apoio e financiamento da Oficina Técnica de Cooperación da AECID en Timor Leste. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. 

 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet