INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE ALGA PARTICIPA: - 2009-11: Uma Lulik: "Patrimonio Cultural de Timor Leste: As Uma Lulik de Ainaro". Este proxecto consiste na catalogación das casas Sagradas da relixión tradicional timorense e a súa calidade como patrimonio cultural, de cara á súa protección pola UNESCO como patrimonio cultural. A primeira fase do proxecto céntrase no distrito de Ainaro. Financiado polas Axencias Europeas de Cooperación en Timor Leste (España, Francia, Portugal, Unión Europea) e o Ministerio de Cultura de Timor Leste. Executado por ALGA e a Dirección Nacional de Cultura de Timor Leste. Deste proxecto derívanse a exposición As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais en Timor Leste e o filme documental Uma Lulik, Futuro da Tradição. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. - 2008-2011: AFGAL. ALGA é colaboradora oficial do proxecto de I+D+i con código 08SEC025167PR: “Análise aplicada da inmigración africana en Galicia. Avaliación e propostas para o deseño de políticas de intervención, integración e desenvolvemento". É executado por investigadores da UDC e ALGA con financiamento da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.
REUNIÓNS CIENTÍFICAS NAS QUE ALGA É ORGANIZADORA
|