Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
Inicio arrow Memorias de Actividade
Actividades 2011 PDF Imprimir Correo-e
INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE ALGA PARTICIPA:

- 2009-11: Uma Lulik: "Patrimonio Cultural de Timor Leste: As Uma Lulik de Ainaro". Este proxecto consiste na catalogación das casas Sagradas da relixión tradicional timorense e a súa calidade como patrimonio cultural, de cara á súa protección pola UNESCO como patrimonio cultural. A primeira fase do proxecto céntrase no distrito de Ainaro. Financiado polas Axencias Europeas de Cooperación en Timor Leste (España, Francia, Portugal, Unión Europea) e o Ministerio de Cultura de Timor Leste. Executado por ALGA e a Dirección Nacional de Cultura de Timor Leste. Deste proxecto derívanse a exposición As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais en Timor Leste e o filme documental Uma Lulik, Futuro da Tradição. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.  

- 2008-2011: AFGAL. ALGA é colaboradora oficial do proxecto de I+D+i con código 08SEC025167PR: Análise aplicada da inmigración africana en Galicia. Avaliación e propostas para o deseño de políticas de intervención, integración e desenvolvemento". É executado por investigadores da UDC e ALGA con financiamento da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. 

REUNIÓNS CIENTÍFICAS NAS QUE ALGA É ORGANIZADORA

- Café-obradoiro de debate  A Carreira Política: Perfís de xénero na representación pública  
Datas: 29 de abril de 2011.
Lugar: Centro Asociado da UNED da Coruña
Organizado por: ALGA e Centro Asociado da UNED da Coruña.
Financiado por: Deputación da Coruña e ALGA.

 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2021 anthroponet