Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
Inicio arrow Obxectivos
Obxectivos PDF Imprimir Correo-e

 ALGA Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada

 

Logo Alga

Os nosos obxectivos:

ALGA é unha comunidade composta fundamentalmente por antropólogos e persoas interesadas na Antropoloxía, pero tamén integrada por especialistas doutras disciplinas que comparten os mesmos principios que ALGA recolle nos seus Estatutos:  

1.- A cooperación internacional nos ámbitos da investigación científica e da formación.
2.- A crenza de que o coñecemento científico debe ser un coñecemento aberto sen barreiras a disposición de todos os cidadáns do mundo.
3.- O compromiso ético dunha Ciencia  ao servizo da Paz e do desenvolvemento sostible dos países. 
4.- A aposta por un saber científico aplicado, especialmente orientado a determinar as causas dos conflitos e dos problemas aos que se enfronta a Humanidade, entendendo que este saber aplicado debe ser unha contribución á procura de solucións a tales problemas que impiden un desenvolvemento humano integral. 
5.- O respecto e a defensa da diversidade cultural, entendendo que esta é o maior patrimonio da especie humana, en perigo polo empobrecemento cultural que supoñen algúns aspectos negativos da globalización. 
6.- A defensa da tolerancia e do diálogo social e a busca do coñecemento do ‘outro’ como o camiño máis seguro para acadar o respecto entre os grupos humanos.
 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet