Uma Lulik, Futuro da Tradição é un filme documental sobre as casas sagradas ou uma lulik de Timor-Leste.
Este proxecto, é unha continuación da liña de investigación e de difusión cientÃfica da revalorización do patrimonio cultural de Timor Leste que comezou coa exposición "As Uma Lulik de Ainaro" (EXPOLULIK).
Novamente, a través desta iniciativa, ALGA colabora na difusión da cultura timorense, aplicando os coñecementos da realidade social e cultural timorense adquiridos polos seus investigadores dende o ano 2006.
O filme se centra na unión entre a uma lulik e a visión do mundo e identidade timorenses. Diferentes actores relevantes da vida social e polÃtica se tornan narradores en off desenvolvendo unha reflexión sobre o sentido profundo da uma lulik: a visión do mundo, a identidade nacional, o valor da uma lulik como patrimonio cultural... Deste modo, o filme oferece unha visión emic no sentido antropológico: a realidade explicada pelos propios actores sociais.
Como entidade sen ánimo de lucro, ALGA non obten beneficios materiais pola explotación deste DVD.
Ligado a proxectos anteriores, este filme está producido polo Parlamento Nacional de Timor Leste, en colaboración coa SecretarÃa de Estado da Cultura e ALGA .
Para obter máis información sobre o proxecto, asà como visionar o filme, pode visitar a web: www.umalulik.com.