Teletipos

Xa están en liña a información e formularios para asociarse a ALGA. Preme aquí­ para consultalos ou ben vai a opción Asociarse do menú de ALGA.
 
Inicio arrow XELI
Uma Lulik PDF Imprimir Correo-e
Expolulik
Patrimonio Cultural de Timor Leste: 
As Uma Lulik de Ainaro. 

 Este proxecto consiste na catalogación das casas Sagradas da relixión tradicional timorense e a súa calidade como patrimonio cultural, de cara á súa protección pola UNESCO como patrimonio cultural.

 As uma lulik ou casas sagradas, transcenden o seu valor como simples edificacións. Son a expresión materializada do grupo familiar que representan. Constitúen a natureza do culto tradicional dos antepasados como escenario da praxe ritual e das cerimonias. Tamén condensan, no espazo da súa estrutura arquitectónica, o entendemento do mundo dos timorenses, os valores sociais que presiden a vida da comunidade e a orde cultural da realidade timorense. A primeira fase do proxecto céntrase no distrito de Ainaro.

Froito desta investigación son a Exposción: "As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais em Timor-Leste", (EXPOLULIK) e o filme-documental: Uma Lulik, Futuro da Tradição (DOCLULIK)

Financiado polas Axencias Europeas de Cooperación en Timor Leste (España, Francia, Portugal, Unión Europea) e o Ministerio de Cultura de Timor Leste. Executado por ALGA e a  Secretaría de Estado da Cultura de Timor Leste. 

 Pode obter mais información sobre o mesmo premedo aquí.  

 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet