Teletipos

Certos contidos están noutras linguas. Preme na bandeira galego correspondente para cambiar de lingua.
Algunos contenidos están en otros idiomas. Pulsa en la bandera castellano correspondiente para cambiar de idioma.
 
Inicio arrow Muller e Poder
Seminario de Debate "Muller e Poder" PDF Imprimir Correo-e
Image

Seminario de debate: "Muller e Poder"

A Comisión de Estudos de Xénero de ALGA está a organizar o Seminario de debate: "Muller e Poder: Reflexións sobre a carreira política feminina" que se celebrará o vindeiro 3 de maio de 2012 na Aula 3.2 do edificio da UNED da Coruña.

O Seminario de debate: "Muller e Poder: Reflexións sobre a carreira política feminina" é unha continuación das actividades e estudos levados a cabo pola Comisión de Estudos de Xénero de ALGA dende o ano 2007, e conta coas colaboracións do Centro Asociado da UNED da Coruña e dos Servizos Sociais da Deputación da Coruña.

 A Comisión de Estudos de Xénero de ALGA considerou pertinente encarar novamente unha reflexión a fondo sobre a experiencia da muller dentro da política. Nesta ocasión pensamos en facelo a través do relato persoal de tres mulleres con experiencia en distintas institucións – sindicatos, partidos políticos, administración local, autonómica e central- para poder acadar unha visión transversal dos patróns xenerizados, co obxectivo de analizar a adecuación da postura feminina nestes ámbitos de poder.

Neste seminario queremos esclarecer a realidade da muller como individuo activo da area política. Trátase de recoñecer os patróns inconscientes, as condutas e as pautas de comportamento esperados na súa práctica política, ademais das transformacións experimentadas nestes ámbitos a raíz da maior incorporación feminina ao longo destes anos. Dende este punto de vista interesa coñecer especificamente os patróns xenerizados que tiveron que vencer, os comportamentos políticos masculinizados que deberon enfrontar, as transformacións de espazos e actitudes derivadas da súa integración nas diferentes institucións.

A través do coñecemento destas tres experiencias diferenciadas, así como do posterior debate sobre o tema, poderemos afondar na análise dos cambios sociais e actitudinais, conscientes e inconscientes, que se foron producindo a partir da incorporación normalizada da muller nun campo tradicionalmente masculino. 

Relatoras:
1.- Ana Luisa Bouza Santiago, Deputada do BNG pola Coruña no Parlamento Galego i ex Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.
2.- Obdulia Taboadela Álvarez, ex concelleira de Urbanismo e Infraestruturas do Concello da Coruña e antiga Subdelegada do Goberno na Coruña.
3.- Marta González Vázquez, Deputada do PPdG pola Coruña no Congreso dos Deputados i ex Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Lugar: Aula 3.2 no Centro Asociado da UNED da Coruña.
Data: 03 de MAIO de 2012.
Hora: 17:00h a 20:30h

Para máis información pode consultar o díptico da actividade ou o Dossier de Prensa.
 
< Ant.
© 2005 – 2024 anthroponet