Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
Inicio arrow Qué facemos
Quén somos PDF Imprimir Correo-e

 ALGA Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada

 

Logo Alga¿Qué é ALGA?

ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada) é unha asociación impulsada por integrantes do GEAA (Grupo de Estudos de Antropoloxía Aplicada) da Universidade da Coruña. Moitas das liñas de traballo do grupo impulsor (modelos de racionalidade campesiña, cambio rural e urbano, problemas e conflitos derivados do choque entre modernización e tradición, problemática dos refuxiados, análise de impacto da cooperación en sociedades do Terceiro Mundo, xénero, familia e cambio social, etc.), remataron por levarnos a unha lóxica converxencia ou encontro con axentes e entidades da cooperación internacional. Por iso, despois de varios anos desenvolvendo investigación antropolóxica aplicada en Mozambique e, máis recentemente, en Timor Leste, animados por colegas maioritariamente mozambicanos, timorenses e portugueses, decidimos impulsar unha entidade legal que agrupase tanto a antropólogos como a especialistas noutros campos que tivesen en común unha aposta pola investigación aplicada socialmente comprometida. Por iso ALGA Ã© unha asociación científica con raíces na "academia", pero tamén comprometida có desenvolvemento sostible; dende o coñecemento experto proxectado na súa faceta máis aplicada, procuramos camiños para a acción e o compromiso sociais.

 

 
Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet