ALGA Asociación Luso-Galega de AntropoloxÃa Aplicada ¿Qué é ALGA? ALGA (Asociación Luso-Galega de AntropoloxÃa Aplicada) é unha asociación impulsada por integrantes do GEAA (Grupo de Estudos de AntropoloxÃa Aplicada) da Universidade da Coruña. Moitas das liñas de traballo do grupo impulsor (modelos de racionalidade campesiña, cambio rural e urbano, problemas e conflitos derivados do choque entre modernización e tradición, problemática dos refuxiados, análise de impacto da cooperación en sociedades do Terceiro Mundo, xénero, familia e cambio social, etc.), remataron por levarnos a unha lóxica converxencia ou encontro con axentes e entidades da cooperación internacional. Por iso, despois de varios anos desenvolvendo investigación antropolóxica aplicada en Mozambique e, máis recentemente, en Timor Leste, animados por colegas maioritariamente mozambicanos, timorenses e portugueses, decidimos impulsar unha entidade legal que agrupase tanto a antropólogos como a especialistas noutros campos que tivesen en común unha aposta pola investigación aplicada socialmente comprometida. Por iso ALGA é unha asociación cientÃfica con raÃces na "academia", pero tamén comprometida có desenvolvemento sostible; dende o coñecemento experto proxectado na súa faceta máis aplicada, procuramos camiños para a acción e o compromiso sociais.
|