Teletipos

Certos contidos están noutras linguas. Preme na bandeira galego correspondente para cambiar de lingua.
Algunos contenidos están en otros idiomas. Pulsa en la bandera castellano correspondiente para cambiar de idioma.
 
Inicio arrow Novas arrow Os outros xéneros en Timor Leste
Os outros xéneros en Timor Leste PDF Imprimir Correo-e
O Ciclo de Conferencias: "Cultura e Sociedade nun mundo Global" continuará o próximo 25 de xaneiro de 2008, venres, na Facultade de Humanidades de Ferrol ás 18 horas, coa conferencia de Domingas da Costa Soares, da Universidade Nacional de Timor Leste e Delegada de ALGA neste país asiático. Domingas da Costa disertará sobre "Os outros xéneros: panleiru e bermanek. Homosexualidade masculina e femenina tradicionais na Cultura de Timor Leste".

A entrada é libre.

Sinopse da conferencia: os panleiru e as bermanek constituén categorías que rachan coa dualidade de xénero en Timor. Son expresións de identidades sexuais socialmente aceitadas que funden as súas raíces na tradición cultural timorense, de xeito semellante ao que acontece noutras culturas asiáticas. A conferencia abordará as expresións tradicionais da homosexualidade en Timor e as súas implicacións no contexto do cambio social actual.

 

 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2023 anthroponet