ALGA ofrece servizos como consulting nas áreas de:
- organización de proxectos (identificación, formulación, deseño, execución e/ou avaliación),
- asistencia técnica para a resolución de problemas na implementación de proxectos ou de intervencións sociais,
- realización de estudos,
- cursos de formación,
- auditorías, etc.
En tanto que asociación sen ánimo de lucro, ALGA orzamenta as súas actividades como consultora en función dos custos, invertindo en proxectos científico-sociais os beneficios cando os ingresos superan os custos.
A actividade como consulting desenvolvese mediante comisións específicas de traballo formadas por especialistas escollidos segundo os obxectivos.
Actividades de consultoría: - SECTO, “ Seminario Europeo para una agenda armonizada de Cooperación con Timor Oriental”, organizado pola UDC e financiado pola AECID.
- EXPOLULIK, exposición Internacional “ As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais en Timor Leste”, organizada e dirixida por membros de ALGA e financiada pola AECID.
|