Teletipos

Engadiuse ao menú a opción de Novas, onde poderás estar ao tanto das últimas novidades.
 
Inicio arrow EDUT
EDUT PDF Imprimir Correo-e

O proxecto EDUT, Avaliación e prospectiva da Educación en Timor Leste. Educación e desenvolvemento: desafíos, dificultades, oportunidades e propostas de estratexias de intervención, é desenvolvido por investigadores de ALGA en parcería coa UNTL (Universidade Nacional de Timor Leste), con financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.

Logo UDC
Logo UNTLBandera Timor Oriental

 

Obxectivos

O obxetivo do proxecto é a descripción, análise e avaliación do sistema educativo timorense como un dos principais intrumentos para o desenvolvemento socioeconómico en Timor Leste. A producción de coñecemento experto permite non só coñecer os contextos de intervención das accións de cooperación, senón develar as debilidades, necesidades e oportunidades do sistema. Esta identificación da realidade sociocultural permite o deseño de axeitadas estratexias de intervención que promovan eficazmente prácticas competentes e razoadas en cooperación educativa.

Buscaráse na investigación avaliar e contribuir a dar desposta a distintos problemas contemplados no sistema educativo timorense, así como no contexto xeral da sociedade local naqueles aspeitos implicados na educación.

Coordinadores

  • UDC: Luis Gárate Castro (PhD) e Esther López López (PhD)
  • UNTL: Reitoría

Datas: 2007-2008

Na actualidade o equipo do proxecto está a elaborar os resultados do mesmo. De xeito puntual, algún dos aspectos do EDUT serán matizados nunha fase complementaria en 2009.

Contacto: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
< Ant.   Seg. >
© 2005 – 2024 anthroponet