Teletipos

Xa están en liña a información e formularios para asociarse a ALGA. Preme aquí­ para consultalos ou ben vai a opción Asociarse do menú de ALGA.
 
Inicio

Curso de Antropoloxía visual: Outras miradas

Datas:
Visionado de filmes: do 25 a 30 de outubro de 2010.
Seminario teórico: 29 de outubro de 2010, de 9:30h a 14h.
Lugar:
Visonado de filmes: Domus, Fundación Caixa Galicia, CGAI, Fundación Luis Seoane e Planetario da Coruña.
Seminario teórico: UNED, Centro Asociado da Coruña.
Organizado por: Centro Asociado de UNED da Coruña, Mostra de Ciencia e Cinema, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e ALGA.
Duración: 14h (10h de visionado de filmes e 4h de Seminario teórico)
Dirixido a: aquelas persoas que desexan adquirir un coñecemento experto para a utilización do vídeo como ferramenta da investigación de campo ou na produción de materiais documentais no marco do traballo de campo.
Web http://cienciaecinema.org/mostra-2010/

Simultáneamente coa celebración de la III Mostra de Ciencia e Cinema na Coruña, se organiza este seminario de Antropoloxía Visual. O noso obxectivo é proporcionar aos asistentes unha aproximación aos fundamentos da Antropoloxía Visual, como técnica e instrumento para a documentación e comprensión da realidade humana.

Os obxectivos de aprendizaxe son:

  • Presentar o panorama da Antropoloxía Visual.
  • Introducir nas ferramientas e técnicas básicas da Antropoloxía Visual.
  • Proporcionar unha experiencia práctica das prácticas da Antropoloxía Visual.
  • Introducir nos elementos básicos da analise etnográfica da documentación visual.
  • Desenvolver unha comprensión crítica da aproximación etnográfica ás artes audiovisuales.
  • Discutir cuestións éticas.

O curso ten 2 módulos: 

  • Visonado de filmes documentais (pode consultar os filmes, lugares e datas na web da actividade)
  • Seminario Análitico Presencial de Antropoloxía Visual, coa participación de Ilisa Barbash (Peabody Museum), Lucien Castaing-Taylor (Harvard University) e Francisco Giner Abati (Universidad de Salamanca).

O curso ten un carácter práctico e foi solicitado 1 crédito de libre configuración.


 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 5 - 5 de 5
© 2005 – 2024 anthroponet