Actividades 2010
INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS PROPIOS DE ALGA:

 

 - 2009-10: XELI. Na liña do estudo PARXE, as investigadoras da Comisión de Estudos de Xénero de ALGA desenvolveron o proxecto "Xénero e liderado na política municipal galega", finanzado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións en materias relacionadas coas mulleres. 


INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE ALGA PARTICIPA:

- 2009-11: Uma Lulik: "Patrimonio Cultural de Timor Leste: As Uma Lulik de Ainaro". Este proxecto consiste na catalogación das casas Sagradas da relixión tradicional timorense e a súa calidade como patrimonio cultural, de cara á súa protección pola UNESCO como patrimonio cultural. A primeira fase do proxecto céntrase no distrito de Ainaro. Financiado polas Axencias Europeas de Cooperación en Timor Leste (España, Francia, Portugal, Unión Europea) e o Ministerio de Cultura de Timor Leste. Executado por ALGA e a Dirección Nacional de Cultura de Timor Leste. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.  

- 2008-2011: AFGALALGA é colaboradora oficial do proxecto de I+D+i con código 08SEC025167PR: Análise aplicada da inmigración africana en Galicia. Avaliación e propostas para o deseño de políticas de intervención, integración e desenvolvemento". É executado por investigadores da UDC e ALGA con financiamento da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

PROXECTOS CULTURAIS ORGANIZADOS POR ALGA: 

- 2010:  EXPOLULIK. A exposición Internacional As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais en Timor Lesteé unha iniciativa de apoio á cultura timorense, co obxectivo de fomentar o respecto e a protección do seu Patrimonio cultural. Favorecendo deste xeito, a protección e preservación dos bens culturais timorenses e colaborando coas autoridades políticas e culturais para cando Timor Leste decida presentar algún elemento da súa cultura material ou inmaterial para o seu recoñecemento e protección como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Organizada e dirixida por membros de ALGA, en colaboración coa ONGD timorense Haburas Foundation e co apoio e financiamento da Oficina Técnica de Cooperación da AECID en Timor Leste. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. 

REUNIÓNS CIENTÍFICAS NAS QUE ALGA É ORGANIZADORA:

- Seminario de  “Antropoloxía Visual: Outras miradas”
Datas: 25 a 30 de outubro de 2010. 
Lugar: Centro Asociado da UNED da Coruña, Domus, Fundación Caixa Galicia, CGAI, Fundación Luis Seoane e Planetario da Coruña.
Organizado por: Centro Asociado de UNED da Coruña, Mostra de Ciencia e Cinema, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e ALGA.
Datas: 25 a 30 de outubro de 2010.
Web:  http://cienciaecinema.org/mostra-2010/