Actividades 2010 |
INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS PROPIOS DE ALGA:
- 2009-10: XELI. Na liña do estudo PARXE, as investigadoras da Comisión de Estudos de Xénero de ALGA desenvolveron o proxecto "Xénero e liderado na política municipal galega", finanzado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións en materias relacionadas coas mulleres. INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE ALGA PARTICIPA: - 2009-11: Uma Lulik: "Patrimonio Cultural de Timor Leste: As Uma Lulik de Ainaro". Este proxecto consiste na catalogación das casas Sagradas da relixión tradicional timorense e a súa calidade como patrimonio cultural, de cara á súa protección pola UNESCO como patrimonio cultural. A primeira fase do proxecto céntrase no distrito de Ainaro. Financiado polas Axencias Europeas de Cooperación en Timor Leste (España, Francia, Portugal, Unión Europea) e o Ministerio de Cultura de Timor Leste. Executado por ALGA e a Dirección Nacional de Cultura de Timor Leste. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. - 2008-2011: AFGAL. ALGA é colaboradora oficial do proxecto de I+D+i con código 08SEC025167PR: “Análise aplicada da inmigración africana en Galicia. Avaliación e propostas para o deseño de políticas de intervención, integración e desenvolvemento". É executado por investigadores da UDC e ALGA con financiamento da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. PROXECTOS CULTURAIS ORGANIZADOS POR ALGA: - 2010: EXPOLULIK. A exposición Internacional “As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais en Timor Leste” é unha iniciativa de apoio á cultura timorense, co obxectivo de fomentar o respecto e a protección do seu Patrimonio cultural. Favorecendo deste xeito, a protección e preservación dos bens culturais timorenses e colaborando coas autoridades políticas e culturais para cando Timor Leste decida presentar algún elemento da súa cultura material ou inmaterial para o seu recoñecemento e protección como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Organizada e dirixida por membros de ALGA, en colaboración coa ONGD timorense Haburas Foundation e co apoio e financiamento da Oficina Técnica de Cooperación da AECID en Timor Leste. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. REUNIÓNS CIENTÍFICAS NAS QUE ALGA É ORGANIZADORA: - Seminario de “Antropoloxía Visual: Outras miradas”
|