Bolboreta
Bolboreta

No marco das actividades da Comisión para o Intercambio Cultural, estase a desenvolver o Proxecto Bolboreta, que consiste na tradución ao tetun (lingua co-oficial de Timor Leste) da obra do escritor galego Manuel Rivas “A Lingua das bolboretas”. A edición é bilingüe (portugués e tetun) e incorpora as ilustracións feitas por Migelanxo Prado

“Bolboreta” é unha iniciativa da CIC de ALGA, desenvolvida por investigadores da Universidade da Coruña (UDC) membros de ALGA, en colaboración co Instituto Nacional de Lingüística (INL) de Timor Leste e coa Universidade Nacional de Timor Lorosa’e (UNTL).

O proxecto consta de dúas edicións: unha primeira edición en tapa dura e unha segunda edición en rústica – esta de 10.000 exemplares - que incorpora unha guía didáctica para escolares, coa finalidade de utilizar o texto como material curricular nas escolas de Timor-Leste.

O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo (Xunta de Galicia) e por ALGA.

Para saber mais sobre este proxecto e os seus obxectivos pode consultar a páxina do mesmo: