EXPOLULIK
Expolulik


Exposición

"As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais em Timor-Leste". 

Casa a Europa, (Dili, Timor Leste), do 6 a 10 de Abril de 2010.


Esta actividade, enmarcada dentro dos proxectos culturais de ALGA, ten un forte contido científico-antropolóxico.

É resultado directo dos diferentes proxectos de investigación sobre a realidade social e cultural de Timor Leste, levados a cabo polos investigadores da (UDC) e ALGA dende o ano 2006. Conta, ademais, coas excelentes fotografías de Rafa Estevez.

Esta exposición é un proxecto de apoio á revalorización e á conservación da cultura nacional timorense, propiciando a súa proxeción internacional.

As uma lulik ou casas sagradas, transcenden o seu valor como simples edificacións. Son a expresión materializada do grupo familiar que representan. Constitúen a natureza do culto tradicional dos antepasados como escenario da praxe ritual e das cerimonias. Tamén condensan, no espazo da súa estrutura arquitectónica, o entendemento do mundo dos timorenses, os valores sociais que presiden a vida da comunidade e a orde cultural da realidade timorense.

O proxecto foi desenvolvido en parceria entre a Universidade da Coruña (UDC) e a Secretaria de Estado da Cultura do Goberno de Timor-Leste, coa colaboración de ALGA e de Haburas Foundation. Foi unha iniciativa cultural europea lanzada pola Oficina Técnica de Cooperación da AECID en Timor-Leste e encadrada no contexto da Presidencia Española da UE.

Financiado pola Secretaria de Estado da Cultura do Goberno de Timor-Leste, da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), da Embaixada Francesa en Indonesia e Timor-Leste, da Unión Europea e do Instituto Português de Apoio ao Desenvolvimento (IPAD).

Para obter máis información ou consultar a exposición, pode visitar a web: www.anthroponet.org/umalulik.