DOCLULIK

DVDCapa
Uma Lulik, Futuro da Tradição é un filme documental sobre as casas sagradas ou uma lulik de Timor-Leste.

Este proxecto, é unha continuación da liña de investigación e de difusión científica da revalorización do patrimonio cultural de Timor Leste que comezou coa exposición "As Uma Lulik de Ainaro" (EXPOLULIK).

Novamente, a través desta iniciativa, ALGA colabora na difusión da cultura timorense, aplicando os coñecementos da realidade social e cultural timorense adquiridos polos seus investigadores dende o ano 2006.

  O filme se centra na unión entre a uma lulik e a visión do mundo e identidade timorenses. Diferentes actores relevantes da vida social e política se tornan narradores en off desenvolvendo unha reflexión sobre o sentido profundo da uma lulik: a visión do mundo, a identidade nacional, o valor da uma lulik como patrimonio cultural... Deste modo, o filme oferece unha visión emic no sentido antropológico: a realidade explicada pelos propios actores sociais.

Como entidade sen ánimo de lucro, ALGA non obten beneficios materiais pola explotación deste DVD.

Ligado a proxectos anteriores, este filme está producido polo Parlamento Nacional de Timor Leste, en colaboración coa Secretaría de Estado da Cultura e ALGA .

Para obter máis información sobre o proxecto, así como visionar o filme, pode visitar a web: www.umalulik.com.