EXPOLULIK |
![]() Exposición: "As Uma Lulik de Ainaro: Identidades sociais e rituais em Timor-Leste". Casa a Europa, (Dili, Timor Leste), do 6 a 10 de Abril de 2010. Esta actividade, enmarcada dentro dos proxectos culturais de ALGA, ten un forte contido científico-antropolóxico. É resultado directo dos diferentes proxectos de investigación sobre a realidade social e cultural de Timor Leste, levados a cabo polos investigadores da (UDC) e ALGA dende o ano 2006. Conta, ademais, coas excelentes fotografías de Rafa Estevez. Esta exposición é un proxecto de apoio á revalorización e á conservación da cultura nacional timorense, propiciando a súa proxeción internacional. Para obter máis información sobre esta actividade preme aquí. |