Seminario de Debate "Muller e Poder"
Image

Seminario de debate: "Muller e Poder"

A Comisión de Estudos de Xénero de ALGA está a organizar o Seminario de debate: "Muller e Poder: Reflexións sobre a carreira política feminina" que se celebrará o vindeiro 3 de maio de 2012 na Aula 3.2 do edificio da UNED da Coruña.

O Seminario de debate: "Muller e Poder: Reflexións sobre a carreira política feminina" é unha continuación das actividades e estudos levados a cabo pola Comisión de Estudos de Xénero de ALGA dende o ano 2007, e conta coas colaboracións do Centro Asociado da UNED da Coruña e dos Servizos Sociais da Deputación da Coruña.

É necesaria a inscrición previa na actividade.

Lugar: Aula 3.2 no Centro Asociado da UNED da Coruña.
Data: 03 de MAIO de 2012.
Hora: 17:00h a 20:30h
Matricula: Aínda que a participación é libre e gratuíta, é preciso facer unha inscrición.
Datas de inscrición e prazas: 
O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 23 de abril ata o día da celebración da actividade. Dado que as prazas son limitadas, a organización pode pechar a inscrición con anterioridade a esta data si se chegase a cubrir o máximo de prazas dispoñibles.

Se poderá solicitar a inscrición para asistencia: .
- por teléfono : 610810334 / 620673466.
- ou apuntándose nas follas de inscrición que se poderán atopar no Centro Asociado da UNED da Coruña.

Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.