Cultura e Sociedade nun mundo global

O pasado xoves 17 de xaneiro de 2008, tivo lugar no Ateneo Ferrolán de Ferrol a conferencia a cargo de Águeda Gómez Suárez, profesora da Universidade de Vigo e membro de ALGA, dentro do ciclo "Cultura e Sociedade nun mundo Global" que ALGA ven desenvolvendo como parte da súa programación do curso 2007-08.

A conferencia foi presentada por Rosario Alabau Albors, concelleira da Muller do Concello de Ferrol.

A profesora Águeda Gómez disertou sobre dúas sociedades cun sistema de xénero que algúns autores chegaron a calificar de sistemas matriarcais: os zapotecas de México e os bijagós de Guinea Bissau. A conferenciante realizou unha análise de ambas sociedades, salientando aqueles aspectos que permiten soster a existencia de modelos de xénero igualitarios entre zapotecas e bijagós, continuando cunha análise do que se entende conceptualmente por "matriarcado" e por "sociedades igualitarias". 


Finalmente tivo lugar un extenso diálogo co público. A conferencia foi precedida da proxección de dous documentais realizados pola propia conferenciante entre zapotecas e bijagós.