O drama actual dos refuxiados en Timor

O ciclo de conferencias "Cultura e Sociedade nun mundo global" continuará o próximo luns 3 de marzo de 2008, no Ateneo Ferrolán ás 19:30 horas, coa conferencia de Alberto Fidalgo Castro, antropólogo, doutorando da UDC e membro de ALGA.

Alberto Fidalgo falará sobre "O drama actual dos refuxiados en Timor. Unha realidade pouco coñecida".

A entrada é libre e gratuita.