Asesoría de socios
Logo Alga

 ALGA ofrece asesoría técnica para estudantes de Antropoloxía ou licenciados membros da Asociación (de licenciatura, grado, mestrado ou doutoramento). A asesoría é levada a cabo por membros doutores de ALGA, en cuestións diversas tais como: 


  • Estudos no estranxeiro
  • Estudos de grao, mestrado ou doutoramento
  • Planificación de estratexias académicas
  • Planificación do currículo académico ou profesional
  • Saídas profesionais
  • Bolsas
  • Deseño e presentación de proxectos
  • Participación en proxectos
  • Iniciación á investigación
  • Organización de memorias de investigación

ALGA tamén facilita un marco corporativo aos socios para a presentación de proxectos en convocatorias públicas. Calquera socio ou grupo de socios pode presentar proxectos, para desenvolver individualmente ou en equipo, a convocatorias públicas en nome de ALGA, seguindo o protocolo interno establecido para estes casos. ALGA facilita o asesoramento necesario.