Actividades 2009
INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS PROPIOS DE ALGA: 

- 2008-09: PARXE.  PARXE é o acrónimo do proxecto Estudo da participación das mulleres en postos de responsabilidade e na toma de decisións na esfera pública e no asociacionismo do país. Avaliación da situación e perspectivas de cambio para a igualdade”. Foi desenvolvido por investigadoras da Comisión de Estudos Xénero de ALGA. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE ALGA PARTICIPA:

- 2008-2011: AFGAL. ALGA é colaboradora oficial do proxecto de I+D+i con código 08SEC025167PR: “Análise aplicada da inmigración africana en Galicia. Avaliación e propostas para o deseño de políticas de intervención, integración e desenvolvemento". É executado por investigadores da UDC e ALGA con financiamento da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí. 

PROXECTOS CULTURAIS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO DE ALGA: 

- 2009-10:  BOLBORETA.  Consiste na tradución ao tetun (lingua co-oficial de Timor Leste) da obra do escritor galego Manuel Rivas “A Lingua das bolboretas”. A edición é bilingüe (portugués e tetun) e incorpora as ilustracións feitas por Migelanxo Prado, coa finalidade de utilizar o texto como material curricular nas escolas de Timor-Leste. O “Proxecto Bolboreta” é unha iniciativa da Comisión para o Intercambio Cultural de ALGA, desenvolvida por investigadores da Universidade da Coruña (UDC) membros de ALGA, en colaboración co Instituto Nacional de Lingüística (INL) de Timor Leste e coa Universidade Nacional de Timor Lorosa’e (UNTL), con financiamento da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, da Delegación da Unión Europea en Timor-Leste e de ALGA. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

INVESTIGACIÓNS E ESTUDOS NOS QUE ALGA PARTICIPA:

 - 2009: TODEDO. O proxecto TODEDO, “Análise dos procesos de toma de decisións no ámbito doméstico. Avaliación dos niveis de empoderamento das mulleres e Timor”, foi desenvolvido por investigadores de ALGA en parcería coa UNTL (Universidade Nacional de Timor Leste), co financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Pode obter mais información sobre o mesmo premendo aquí.

REUNIÓNS CIENTÍFICAS NAS QUE ALGA É ORGANIZADORA 
Data:12 de maio de 2009.
Lugar: A Coruña. Facultade de Socioloxía da UDC.
Organizado por: ALGA.
Financiado por: ALGA e UDC.

Datas: A Coruña, 13-14 de maio de 2009.
Lugar: A Coruña. Facultade de Socioloxía da UDC.
Organizado por: ALGA e UDC.
Financiado por: Servizos Sociais da Deputación da Coruña e Vicerreitoría de Investigación da UDC.

- Congreso Internacional "Turismo comunitario i desenvolvimento" 
Datas: 23 e 24 de agosto de 2009.
Lugar: Dili, Timor-Leste.
Organizado por: Haburas Fundation e ALGA.
Financiado por: Ministerio de Turismo de Timor Leste e Timor Telecom.